Carne

Sobe a Ternera Gallega Suprema en Amio, estabilidade no resto do gando

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/05/2017 3:50 p.m.

Tras unhas semanas nas que a Ternera Gallega mantivo unha continuidade nas cotizacións, esta semana a Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou un incremento de 3 céntimos no prezo da Ternera Gallega Suprema, en tanto que os da categoría Ternera Gallega repiten os valores da anterior sesión.

A outra mesa de prezos que se celebra en Amio, a deAbasto, acordou pola súa banda, manter os valores da pasada semana en todas as categorías e calidades de gando.

En canto ó mercado de Amio, a asistencia á sesión de hoxe foi de 2.190 reses, 145 menos que o pasado 17 de maio. Houbo 1.667 cabezas de vacún menor, 273 de vacún mediano e 230 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (24-V-2017)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada