Carne

Soba dos xatos pintos e baixada dos rubios e cruces

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/05/2015 9:24 a.m.

As mesas de prezos de Amio, en Santiago, acordaron esta semana unha nova baixada de entre 5 e 10 euros de todos os xatos de recría de rubia galega e de cruces, en tanto nos pintos producíronse subas de 5 euros en distintas categorías.

En Ternera Gallega, as cotizacións continúan igual que a pasada semana, na confianza de que vaia diminuíndo a diferenza entre a oferta e a demanda. En gando de abasto e vacún maior tamén se repiten as cotizacións da anterior sesión.

En canto ó mercado de gando, a asistencia á sesión de onte foi de 2.017 reses, 120 menos que o anterior mércores. Houbo 1.526 cabezas de vacún menor, 204 de vacún mediano e 278 de vacún grande, a única categoría na que medrou a asistencia (6 máis que a pasada semana).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Táboa completa das cotizacións en Amio (6-5-2015)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada