Carne

Silleda retoma as mesas de prezos do porcino de forma telemática

A Central Agropecuaria de Galicia reactivou hoxe as mesas de negociacións do porcino nas que se acordou unha baixada xeral dos prezos tanto no porco cebado como nos leitóns

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/03/2020 10:57 p.m.

A Central Agropecuaria de Galicia –Abanca retomou hoxe as mesas de prezos do porcino logo de que a actividade nos mercados de gando galego quedara paralizada dende que se decretou o estado de alarma polo coronavirus. O interese motivado por parte do sector porcino para fixar o prezo semanal provocou que se retomasen as mesas de prezos de porcino cebado e leitóns.

A activación das mesas fíxose de xeito telemático, de maneira que a persoa responsable das mesas na Central contactou telefonicamente e a través de medios informáticos cos representantes da produción e a distribución de porcino, que participan de forma habitual para fixar as cotizacións.

Nas mesas acordouse unha baixada xeralizada dos prezos en tódalas categorías, tanto dos animais cebados como dos bacoriños. No caso dos porcos cebados, os da categoría selecta e normal rexistraron unha baixada de 0,050 euros e pasan a cotizarse a 1,525 e 1,50 euros o quilo, respectivamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para os animais da categoría de Canle II o prezo reduciuse 0,065 euros e cotízanse a 1,948 euros. Mentres, os porcos de desvelle sitúanse nun intervalo de 0,84 e 0,9 euros por quilo, tras unha baixada de 0,060 euros.

Nos bacoriños de 20 quilos a baixada foi de 8 euros tanto para os animais procedentes dunha única granxa que se cotizan a 79 euros, como os chegados de varias ganderías que se sitúan nos 74 euros. Así, o prezo por quilo queda en 3,95 e 3,7 euros, respectivamente.

Mentres, o resto de actividades na Central Agropecuaria de Galicia continúan paralizadas, na Lonxa de Madrid fixouse unha suba para a carne de coello en 0,10 euros e cotízase a 1,95 euros o quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada