Carne

Silleda afiánzase como referente da venda de vacún maior de calidade, cun boi que chega ós 8.500 euros

A Central Agropecuaria rexistra un novo prezo máximo por un boi da IXP Vaca e Boi de Galicia vendido en 8.579 euros. É a terceira vez no que vai de mes que se consegue unha venda histórica. Acádase a maior afluencia anual de vacún maior, con 374 exemplares

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/11/2021 9:15 a.m.

Outra semana máis a Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que se celebra cada martes en Silleda (Pontevedra), volveu superar o seu récord histórico en canto ao prezo pagado por un exemplar na categoría de vacún maior: 8.579 euros. Trátase dun exemplar procedente do concello de Arzúa, de raza mestiza, e que conta coa "Etiqueta Suprema Boi de Galicia" da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. O seu comprador foi Frigoríficos Bandeira S.L

Este é o cuarto martes consecutivo no que se acada unha nova cifra récord na venda do vacún maior. A anterior marca rexistrada nesta categoría estaba nos 7.992 euros pagados por outro boi o pasado martes. No que levamos de mes, o prezo máximo elevouse en 1.700 euros, pasando dos 6.879 euros pagados por un boi na primeira feira de novembro, que fixaba un novo prezo histórico, ata os 8.579 euros deste martes.

Xunto cos prezos á alza, tamén a afluencia de gando dá boa conta de que a Central está a afianzarse como un referente na venda de vacún maior. No mercado desta mañá contabilizáronse 374 exemplares, o que supón a cifra máxina no que vai de ano. Supéranse así os 369 animais da semana pasada, que foran a máis elevada ata o momento. Esta cifra supón ademais a maior dende o 30 de xuño de 2015, cando acudiran 377 exemplares á poxa de vacún maior. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Récord de transacións e prezo medio

Así  mesmo,  hoxe acadouse o maior volume total de transaccións da súa historia. O conxunto das diferentes poxas desta mañá sumaron 660.785 euros, estando o anterior nos 617.455 euros, rexistrados o pasado 28 de setembro.

Á par do anterior récord, está tamén o de volume de transaccións na categoría de vacún maior, 457.076 euros que superaron o anterior récord histórico, o cal se acadou a semana pasada e estivo cifrado en 410.985 euros. Tamén record absoluto foi hoxe o prezo medio desta categoría con 1.332,58€, o cal  superou  os  1.298,87€  rexistrados
o pasado 2 de novembro.

“Estas novas marcas volven reflictir a crecente calidade dos exemplares de vacún maior que concorren semana tras semana á Central, ao tempo que se enmarcan nun momento do ano no que se están a comprar os animais de vacún maior cuxa carne se consumirá en Nadal, debido ao tempo que precisan estar en cámara”, destacan dende a Central.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada