Viña

Sete viños da D.O. Monterrei obteñen máis de 90 puntos na lista Parker

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/06/2016 10:41 a.m.

A última lista “The Wine Advocate” volveu enxalzar aos viños da Denominación de Orixe Monterrei, puntuando sete deles con máis de 90 puntos.

Entre os viños que superan esta puntuación atópanse os elaborados polas adegas de Quinta da Muradella, Couto Mixto e Vía Argéntea. Así mesmo, grazas á excelente calidade dos viños da D.O. Monterrei, hai que indicar que outros doce viños obtiveron entre 84 e 90 puntos, como os realizados por Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble e Tabú.

Estes viños foron catados polo crítico Luís Gutiérrez, colaborador de Robert Parker na publicación “The Wine Adovcate”, que un ano máis volveu a premiar á D.O. Monterrei, unha denominación nova pero de ampla tradición vitivinícola. Resultados como este, favorecen a promoción e ampliación de mercados, tarefa prioritaria nos obxectivos marcados polo Consello Regulador.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada