Carne

Sen cambios nos prezos do gando vacún no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/05/2022 3:16 p.m.

A sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) transcorreu sen cambios nas cotizacións. A Mesa de Prezos de Ternera Galega acordou manter os prezos para tódalas clases e categorías desta carne. Ademais, coinciden en apreciar que o mercado da carne de Suprema está moi pesado, con animais no límite de idade para ser certificados.

En canto ó gando que concorreu esta mañá ó mercado, tamén se mantiveron os prezos da sesión anterior tanto para o gando de recría, como para o mediano de matadoiro e todo o vacún maior.

Nesta feira contabilizáronse 1.710 reses, o que supón 148 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.444 cabezas de vacún menor (81 menos que na sesión anterior), 137 de vacún mediano (17 menos) e 129 exemplares de vacún grande (50 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (4-V-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada