Carne

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/08/2023 10:28 p.m.

Os prezos do gando mantivéronse estables este mércores no Mercado de Amio. Tal e como amosa a sondaxe realizada entre os asistentes, non houbo cambios nas cotizacións con respecto da semana pasada.

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron tamén manter os prezos para todas as categorías e calidades desta carne.

En canto á asistencia houbo 2.034 reses, o que supón 302 menos que na sesión da semana pasada, co que se corrixe a incidencia das xornadas festivas deste mes, que alteraran a afluencia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.762 cabezas de vacún menor, 296 menos que na sesión anterior. Houbo 107 de vacún mediano (2 menos) e 165 de vacún grande (4 menos que a semana pasada).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (30-VIII-2023).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada