Carne

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/05/2022 8:41 a.m.

Os prezos mantivéronse sen cambios na sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) segundo a sondaxe realizada entre os usuarios da feira. Ademais, apréciase unha gran lentitude no comercio do vacún maior.

Pola súa banda, a Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou manter os prezos para tódalas clases e categorías desta carne. Segue apreciándose un mercado da carne de Suprema moi pesado, debido ó escaso vigor da demanda.

Nesta feira contabilizáronse 1.638 reses, o que supón 74 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.361 cabezas de vacún menor (92 máis que na sesión anterior), 135 de vacún mediano (7 máis) e 142 exemplares de vacún grande (25 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (18-V-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada