Carne

Sen cambios nos prezos do gando vacún no mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/08/2017 4:30 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebrou este mércores no mercado de Amio, acordou manter os prezos da semana pasada tanto na categoría Tenreira como na Suprema. Desta forma quedaron nun intervalo de entre 4,49 e 5,08 euros o quilo, segundo as tipificacións de peso das canles, en Suprema e de entre 4,17 e 4,51 euros en Tenreira.

En gando de abasto, tamén se manteñen os prezos da sesión da pasada semana, tanto para o gando de recría, como para o mediano de sacrificio e o vacún maior.

En canto á asistencia, hoxe acudiron un total de 2.441 reses, 799 menos que na sesión do pasado mércores. Por tipoloxía, houbo 1.921 cabezas de vacún menor (755 menos que na anterior sesión), 257 de vacún mediado (46 menos) e 247 de vacún maior (unha menos que o pasado mércores).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información:

-Táboa completa das cotizacións de Amio (30-8-2017).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada