Carne

Sen cambios nos prezos de Amio, aínda que se aprecia tendencia á baixa no gando de recría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/09/2020 10:57 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron novamente esta semana a repetición de prezos en todas as categorías e calidades de gando. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Gando de Abasto, na que os vogais decidiron por unanimidade manter cotizacións en vacún de recría, vacún mediano para sacrificar e vacún maior. En gando de recría, coinciden non obstante en apreciar unha tendencia á baixa dos prezos en todas as calidades e categorías.

En canto á asistencia de gando ó mercado desta semana, houbo 1.875 reses, 36 menos que a pasada semana. Entraron no recinto feiral 1.518 cabezas de vacún menor (43 menos), 171 de vacún mediano (14 menos) e 186 de vacún grande (24 máis).

Máis información
- Táboa das cotizacións de Amio (16-IX-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada