Carne

Sen cambios nos prezos de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/08/2022 8:44 a.m.

Os prezos do gando mantivéronse este mércores sen cambios no Mercado de Amio (Santiago) con respecto dos manexados hai unha semana, segundo apuntaron as persoas asistentes á feira na sondaxe realizada esta mañá.

A Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega tamén acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

Nesta feira contabilizáronse 1.951 reses, o que supón 337 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.640 cabezas de vacún menor (302 máis que na sesión anterior), 130 de vacún mediano (28 máis) e 181 exemplares de vacún grande (7 animais máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (3-VIII-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada