Carne

Sen cambios nas cotizacións do gando en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/05/2019 3:05 p.m.

As mesas de prezos de Amio, que marcan cada semana valores de referencia para o gando, acordaron hoxe repetir as mesmas cotizacións da semana pasada. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Abasto, na que se manteñen os valores de gando de recría, becerros carniceiros e vacún maior. Os vogais da Mesa, non obstante, coinciden por segunda semana consecutiva en apreciar unha tendencia á baixa na recría de cruces industriais de cor.

A asistencia do gando ó mercado mantívose hoxe en boas cifras, a pesar de ser festivo. Houbo 2.052 reses, 294 máis que a pasada semana. Entraron no recinto 1.617 cabezas de vacún menor (208 máis), 222 de vacún mediano (39 máis) e 213 de vacún grande (57 máis).

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (1-V-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada