Carne

Sen cambios nas cotizacións de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/09/2017 12:49 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe o mantemento de tódalas cotizacións da anterior sesión. En Ternera Gallega, onde na pasada semana se percibía unha tendencia á alza da categoría Suprema, finalmente esta semana a maioría dos vogais decantouse por manter sen cambios todas as categorías e calidades de carne.

Na Mesa de Prezos de Abasto, acordouse por unanimidade a continuidade dos valores da anterior sesión en gando de recría, becerros para sacrificio e vacún maior.

A asistencia de gando á feira de hoxe foi de 2.045 reses, 337 menos que no último mercado. Houbo 1.429 cabezas de vacún menor, 281 de vacún mediano e 316 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa de cotizacións da feira de Amio (27-IX-2017).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada