Carne

Sen cambios nas cotizacións de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/03/2018 2:00 p.m.

As mesas de prezos de Amio manteñen os mesmos valores da pasada semana, tanto para Ternera Gallega como para gando de recría, becerros de abasto e vacún maior. No mercado apreciouse unha baixada global na oferta de gando, derivada da menor afluencia de gando recría e vacún maior, pero a demanda non aumentou o suficiente como levar a unha suba de prezos.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.967 reses, 130 menos que a pasada semana. Houbo 1.468 cabezas de vacún menor (102 menos), 242 de vacún mediano (12 máis) e 240 de vacún grande (50 reses menos).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (21-III-2018)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada