Axenda

Seminario sobre o impacto económico dos indicativos de calidade a nivel internacional

A actividade, organizada polo Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal), abordará experiencias en Latinoamérica e Galicia. Incluirá visitas a elaboradores galegos con selos de orixe

Campo Galego 05/06/2017 11:15 a.m.

O Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) organiza este venres 9 e sábado 10 un seminario para analizar o impacto económico e territorial dos indicativos de calidade no ámbito agroalimentario. A actividade enfócase cunha visión internacional, con presentación de casos de Brasil, Costa Rica e Galicia.

O seminario incluirá visitas ó Consello Regulador da IXP Ternera Gallega, a Sat A Pementeira (Herbón), produtores e elaboradores da denominación Pemento de Herbón; e a Lácteos Anzuxao (Lalín), fabricantes de queixo Arzúa-Ulloa e de Tetilla.

A parte teórica do curso desenvolverase na Facultade de Historia da Universidade de Santiago, en Compostela. As incripcións mantéñense abertas ata o 8 de xuño, ben no teléfono 881-99.72.76, ben a través do enderezo electrónico ingacal@xunta.gal, indicando nome e apelidos, número de teléfono, enderezo electrónico e institución ou empresa (se corresponde).

Pódese consultar o programa completo da xornada en Pdf na web da Consellería do Medio Rural.

Etiquetado
Ir a la portada