Desenvolvemento rural

Seminario sobre miniplantas de biogás para granxas

A formación contará con técnicos das empresas Norvento Enerxía e Zorg Biogás e terá unha duración de catro horas

Campo Galego 16/09/2021 12:00 p.m.

O vindeiro xoves 14 outubro celebrarase no CFEA de Sergude un seminario sobre miniplantas de biogás nas granxas galegas. A formación contará con técnicos das empresas Norvento Enerxía e Zorg Biogás e terá unha duración de catro horas.

Nesta acción formativa ofrecerase un enfoque eminentemente práctico e adaptado ás condicións galegas,  tentando contestar as seguintes cuestións: Que dimensión mínima debe ter unha planta de biogás para ser rendible economicamente? Canto custa unha instalación? Cales son os custes de mantemento? Como cómpre solicitar as axudas?

Debemos recordar que dende a UE pretendese reducir para o 2030 nun 55% as emisións de GEI respecto ó ano 1990. A agricultura e a gandaría ocupan o cuarto posto como sectores contribuíntes desas emisións. Polo tanto, a organización pretende ir dando a coñecer solucións que permitan acadar esas reduccións GEI e que, ademais, poidan servir de fonte ingresos extra para as explotacións.

As inscricións faranse telemáticamente no correo electrónico cursos.agacal.sergude@xunta.gal. Para calquera aclaración, os interesados poden poñerse en contacto con Alberto Fagin Guerra a través do número de teléfono 605 19 97 51. Aquí podes consultar o cartaz da formación.

Etiquetado
Ir a la portada