Axenda

Seminario sobre mellora xenética nas ganderías de vacún de leite

11/10/2017 6:20 a.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollerá o vindeiro mércores, 18 de outubro, un seminario práctico sobre “Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética”.

O seminario, de carácter gratuíto, ten un máximo de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Será impartido por Ramiro Fouz Dopacio, director xerente de Africor-Lugo; por Alejandro Fernández Fernández Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética de Xenética Fontao e por Manuel López Luaces, director do CIAM.

O programa da xornada é o seguinte:

10:00 - Presentación e proposta de obxectivos
10:15 - Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos, bases de referencia.
11:00 – Conceptos críticos: Fiabilidade das probas, heredabilidade dos caracteres, consanguinidade dos apareamentos
11:45 - Pausa café
12:15 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para inseminación artificial. Obxectivos de selección
13:00 – Interpretación de catálogos. Probas internacionais
14:00 - Comida (Por conta dos asistentes).
16:00 – Probas xenómicas frente á selección convencional
17:00 – Os apareamentos. Programas informáticos de axuda
18:00 – Pausa café
18:30 – Fontes de información.
19:30 – Conclusións

As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: ciam.cmr@xunta.gal ou por fax (881 881 800).

-Descarga aquí a folla de inscrición.

-Descarga aquí o díptico.

Etiquetado
Ir a la portada