Leite

Seminario sobre mellora xenética nas ganderías de vacún de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/10/2021 2:18 p.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollerá o 19 de novembro unha nova edición do seminario práctico sobre “Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética”.

O seminario será impartido por Ramiro Fouz Dopacio, profesor na Facultade de Veterinaria de Lugo; por Alejandro Fernández Fernández Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética de Xenética Fontao, e por Manuel López Luaces, xefe de Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria. 

O programa da xornada é o seguinte:

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10:00 - 10:15 Presentación e proposta de obxectivos 
10:15 - 11:00 - Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos e as bases de referencia
11:00 - 12:00 - Conceptos críticos: fiabilidade das probas, herdabilidade dos caracteres e consanguinidade dos apareamentos
12:00 - 13:00 - A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para a inseminación artificial. Obxectivos da selección
13:00 - 14:00 - Interpretación dos valores xenéticos. Parte 1
14:00 - 16:00 - Xantar (por conta dos asistentes)
16:00 - 7:00 Probas xenómicas fronte á selección convencional
17:00 - 18:00 - Interpretación dos valores xenéticos. Parte 2
18:00 - 18:30 - Pausa-café
18:30 - 19:00 - Os apareamentos. Programas informáticos de axuda
19:30 - 20:30 - Mesa redonda e resolución de dúbidas. Conclusións da xornada
 
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia  As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: ciam.cmr@xunta.gal. ou por fax (881 881 800) 
20 prazas. Por rigorosa orde de inscrición  Admitiranse solicitudes ata as 15:00 horas do día 18 de novembro. 

-Descarga aquí a folla de inscrición.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada