Axenda

Seminario sobre “A aplicación LEADER no período 2014-2020”

07/05/2016 5:32 p.m.

O vindeiro mércores, 11 de maio, ASAJA, a Red Estatal de Desarrollo Rural e a Asociación de GDR de Galicia organizarán en Rodeiro o seminario “A aplicación LEADER no período 2014-2020”. O evento celebrarase na Casa da Cultura desta vila pontevedresa a partir das 10 da mañá.

O seminario contará coa presenza, entre outros, da directora xeral de Desarrollo Rural y Política Forestal do MAGRAMA, Begoña Nieto Guilarte; da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto; do director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois; do vicepresidente de ASAJA, Francisco Bello; do presidente da Asociación de GDR de Galicia, José Antonio Santiso Miramontes e do presidente e o director general da Red Estatal de Desarrollo Rural, José Andrés García Moro e Felipe González de Canales.

Descarga aquí o programa completo.

Etiquetado
Ir a la portada