Viña

Seminario online de proxectos sobre innovacións no mundo do viño

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/06/2023 7:06 a.m.

O vindeiro martes 4 de xullo, ás 10h, celebrarase un seminario en liña gratuíto sobre estratexias innovadoras para a xestión sostible dos recursos nas viñas. Na xornada presentaranse os Grupos Operativos galegos PLASMOWINE e REGAVID, cuxos contextos se enmarcan dentro desta temática. Representantes das entidades participantes en ambos os proxectos explicarán os traballos que están a realizar para cumprir cos obxectivos propostos.

O Grupo Operativo galego PLASMOWINE busca desenvolver un sistema de axuda á toma de decisións que permita determinar o momento óptimo para a aplicación de tratamentos fitosanitarios contra o mildiu. Deste xeito, o proxecto pretende minimizar a afección desta enfermidade nas viñas galegas, apostando por unha viticultura de calidade, rendible, sostible e respectuosa co medio ambiente.

Doutra banda, dentro das condicións de cambio climático onde se observa unha tendencia á baixa nas precipitacións, o Grupo Operativo galego REGAVID pretende implementar unha ferramenta que permita modelizar as necesidades hídricas reais da viña e predicir os requirimentos de rega a futuro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No marco das actividades de divulgación dos proxectos, organízase este webinar de presentación en liña gratuíto que servirá como punto de partida para dar a coñecer os proxectos entre os distintos axentes do sector e público en xeral. Nesta xornada, as empresas que conforman os Grupos Operativos galegos expoñerán os obxectivos e actividades a desenvolver nos proxectos de innovación. Así mesmo, comentarán, de primeira man, o papel de cada unha das empresas e o impacto positivo que PLASMOWINE e REGAVID terán no sector vitivinícola.

O webinar contará cos relatorios de representantes das diferentes entidades galegas que participan en ambos os proxectos. Para o proxecto PLASMOWINE participarán Monet Viticultura, a Universidade de Vigo, a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra, a adega
Viña Costeira e a Fundación Empresa-Universidade galega (FEUGA). Pola súa banda, para o proxecto REGAVID participarán Monet Viticultura, a Universidade de Santiago de Compostela, a adega Martín Códax e FEUGA.

https://forms.office.com/e/8bwah7s3wV" rel="noopener" target="_blank">Inscricións neste enlace.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Financiados polas axudas para a execución da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. A Consellería do Medio Rural é o
órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada