Axenda

Seminario en Viveiro sobre obxectivos estratéxicos de política forestal

A Asociación Forestal de Galicia colabora na organización do evento, que se programa coincidindo coa asemblea anual da Confederación de Organizacións de Silvicultores de España

Campo Galego 31/05/2016 10:07 a.m.

Viveiro acollerá este xoves 2 e venres 3 de xuño a un numeroso grupo de directivos e técnicos de asociacións forestais de toda España, que se desprazan á localidade lucense para participar na asemblea anual da Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (Cose). Coincidindo con este acto, a Cose, en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia, programou para a tarde do xoves o seminario Obxectivos Estratéxicos de Política Forestal.

O programa do seminario aborda cuestións como a sanidade e xenética forestal, a comercialización agrupada da madeira ou a relación entre xestión forestal e Rede Natura 2000. A clausura contará coa intervención do director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto.

A asistencia ó seminario é aberta para propietarios forestais e representantes do sector, aínda que hai que inscribirse previamente, ben no correo electrónico afg@asociacionforestal.org, ben no teléfono 981 564 011. O seminario desenvolverase na sala de usos múltiples de Viveiro, ubicada na Casa do Concello.

Ir a la portada