Leite

Sementeira do millo en convencional e en dobre fila: comparativa de resultados

Resumo do relatorio de Javier López Álvarez, responsable de ruminantes para España e Portugal de KEMIN na Xornada Fedna-ANEMBE de nutrición de gando vacún

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/04/2018 10:03 a.m.

A sementeira do millo en sucos apareados ou en dobre fila (twin rows en inglés) é unha técnica xurdida en Estados Unidos que permite aumentar a densidade de plantas de millo, sen prexudicar o desenvolvemento radicular e o crecemento das plantas. En España está a empregarse este sistema de sementeira sobre todo no val do Ebro.

Para iso, divídese a poboación de plantas que posúe un asuco en dous sucos, distanciados a uns 22 cm entre as liñas apareadas, e cunha separación duns 27 cm entre as plantas, dispondo as sementes en zigzag, tamén coñecido como tresbolillo. A separación entre os centros de liñas apareadas é duns 0,72 metros.

Para zonas como Galicia ou a Cornixa recoméndase unha densidade de 100.000 plantas por ha

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desta forma lógrase unha maior ocupación por parte da superficie foliar, evitando ao mesmo tempo a competencia pola luz solar. É dicir, en sementeira convencional para pasar de 80.000 a 100.000 plantas por hectárea a distancia entre grans tería que ser inferior a 14 centímetros, chocando o sistema radicular dunha planta moi rápido co das que a rodean. Pola contra, co sistema de liñas xemelgas lógrase que ese espazo entre plantas sexa maior, que a competencia entre elas sexa menor aumentando ao mesmo tempo a densidade.

Os estudos realizados confirman que a sementeira co sistema twin row en latitudes como a Cornixa Cantábrica ou Galicia é máis eficiente con 100.000 plantas por hectárea que con densidades maiores, xa que o rendemento non aumenta. Iso si, respecto dunha sementeira convencional con 82.000 plantas lógranse de media uns 1.000 quilos máis de amidón por hectárea e unhas 3 toneladas máis de materia seca.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Vantaxes e inconvenientes:

Vantaxes do “twin row”:

-As plantas ocupan un 45% da superficie cultivada, mentres que no
método tradicional ocupan un 14%.

-Maior crecemento radicular.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Dificulta a evaporación da auga ao ter maior superficie de cuberta vexetal.

-Maior superficie de captación de luz.

-Mellora a resistencia a caída debido á maior anchura de talo -6% máis ancho - e a unha inserción de mazaroca máis baixa.

Inconvenientes:

-Dificultade para realizar tratamentos fitosanitarios.

-Maior risco de problemas fúnxicos.

-Maior cantidade de lignina debido á maior fortaleza do talo.

-Resultados de mellora produtiva moi variables, con gran influencia da latitude, e mellores colleitas canto máis ao norte.

[box style="0"]

Conclusións sobre o “Twin row”:

-Opción a ter en conta en sementeiras de alta densidade.
-Require unha fertilización adecuada, ao redor dun 20% superior que unha sementeira convencional debido ao maior número de plantas.
-Mellora resultados en latitudes altas - > 40º
-Presenta limitacións para tratamentos fitosanitarios.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada