Leite

Sementar microorganismos, novos socios para os cultivos

A incorporación ó solo de microorganismos beneficiosos para os cultivos permite mellorar a dispoñibilidade e absorción de nutrientes. Ensaios de Alltech en millo en Galicia demostran unha maior uniformidade das mazorcas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/06/2016 2:41 p.m.

A nutrición convencional dos cultivos centrábase ata o de agora na aportación de xurros, estercos e/ou fertilizantes químicos, se ben está a aparecer un novo factor que se demostra clave na produtividade, a microbioloxía do solo. Son xa numerosas as investigacións que nos últimos anos afondaron no papel dos microorganismos na dispoñibilidade de nutrientes e na súa absorción polas plantas. En Galicia e no occidente de Asturias, Alltech desenvolveu con éxito ensaios en millo forraxeiro.

“En calquera solo hai microorganismos beneficiosos e patóxenos para os cultivos. O obxectivo debe ser favorecer os beneficiosos e minimizar os patóxenos” -explica Henrique Prado, técnico de Alltech.- “Hai identificados microorganismos que favorecen o crecemento das raíces, o que ten importancia sobre todo en millo de secano; microorganismos que neutralizan compostos tóxicos e aumentan a inmunidade da planta ou microorganismos que melloran a dispoñibilidade de nutrientes”, detalla Prado, que abordou esta cuestión nunha ponencia da reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, celebrada recentemente en Lalín.

Efectos positivos
Cales son eses novos socios dos agricultores? Entre os de maior interese figuran as pseudomonas, que solubilizan o fósforo e potasio do solo, facendo máis dispoñibles estes nutrientes para as plantas; así como as Azotobacter sp., que fixan nitróxeno da atmósfera no chan. Outros axentes, como o Trichoderma sp., contribúen a arrinconar patóxenos, caso dos do xénero Fusarium predominante nos solos galegos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_30194" align="alignright" width="260"] A mellora do solo repercute na regularidade do tamaño das mazorcas (Parte superior). [/caption]

Estes microorganismos beneficiosos poden estar presentes de xeito natural no chan, de feito Prado considera moi posible que de cara ó futuro as análises de solo inclúan un estudo da microbioloxía, pois o seu impacto na produtividade estase a demostrar clave.

Cómpre, por tanto, ter en conta que a degradación do solo penaliza á microbioloxía. Factores como a erosión, a compactación ou a aplicación de fitosanitarios perxudican ó agrobioma do chan, segundo suliña Henrique Prado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O propio agricultor pode tamén mellorar as condicións do solo, incorporando microorganismos que beneficien ós cultivos. “Este tipo de tecnoloxías é especialmente amigable con solos altos en materia orgánica, como son os galegos”, valora o técnico de Alltech.

Ensaio en millo
Diferentes ensaios levados a cabo en Galicia demostraron o efecto positivo de determinadas solucións microbiolóxicas baseadas na tecnoloxía de fermentación de Alltech ('Impro Grain', 'Soil set aid'). “Entre o estado V3 e V6, cando o millo está entre o xeonllo e a cintura, é cando se define o tamaño de mazorca. Situacións de stress que sufra entón a planta, como secas, aplicacións de herbicidas de contacto, falta de sol ou outros poden levar a unha merma das mazorcas e polo tanto, da produción”, explica Henrique Prado.

"Situacións de stress, como secas, aplicación de herbicidas ou outros factores poden levar a unha merma das mazorcas"

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A aplicación destas solucións á planta, comprobouse eficaz para afrontar este tipo de situacións de stress, segundo os ensaios de Alltech. “Principalmente conseguimos unha mellora do número de filas de grans de cada mazorca e do número de grans de cada fila”, conclúe o técnico de Alltech.

O efecto da aplicación dos aditivos biotecnolóxicos logrou ademais unha maior uniformidade das mazorcas e un maior desenvolvemento das raíces das plantas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada