Axenda

Semana Gandeira de Mazaricos

08/11/2015 9:56 a.m.

Un ano máis, Mazaricos organiza a súa Semana Gandeira, que se desenvolverá na Picota do 23 ao 29 de novembro. Na programación inclúense, de novo, as xornadas técnicas leiteiras (sábado 28) e a poxa de xovencas de raza Frisoa (domingo 29), ademais das visitas escolares ás explotacións lácteas.

Por outra banda, a asociación cultural Eu Son Mazaricos ten prevista unha serie de actividades culturais e de entretemento coas que os visitantes poderán gozar durante a tarde do sábado no pavillón municipal.

Ir a la portada