Carne

Semana de prezos estables na Lonxa de Silleda

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 17 de marzo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/03/2015 8:02 p.m.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola tendencia xeral á estabilidade, despois da suba da semana pasada. Cabe salientar a baixada nos prezos dos becerros de recría de cruce industrial, especialmente nos de menos de 20 días e nos de máis de 50 días. Os prezos quedaron do seguinte xeito:

[caption id="attachment_5878" align="aligncenter" width="660"] Fonte: Central Agropecuaria de Galicia.[/caption]

Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que a pasada semana. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos as cotizacións mantivéronse sen cambios, nos 1,50 €/kilo.

Estabilidade nos prezos do porcino, que baixan en Alemaña e no resto de Europa

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 56 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 51 € para os procedentes de varias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao porco cebado, acordouse tamén manter os prezos sen cambios. Nos principais mercados europeos, Alemaña e Holanda, os prezos seguen indo á baixa por segunda semana consecutiva.

Os prezos quedaron do seguinte xeito:

[caption id="attachment_5876" align="aligncenter" width="660"] Fonte: Central Agropecuaria de Galicia.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada