A delegación da Asociación Galega de Apicultura (AGA) Ferrolterra organiza a "Semana das Abellas de Ferrol" dende o 29 de marzo ó 6 de abril, no Centro Cultural Carvalho Calero.
A programación de actividades é a seguinte:
- Exposición educativa ambiental sobre as abellas e a súa importancia medioambiental.
Do martes 29 de marzo ao venres 1 de abril. Atención ao público en xeral, en horario de tarde.
- Programa "As abellas na escola". A exposición en horario de mañá desenvolverá un programa específico para os nenos e nenas dos centros educativos de Ferrol.
- Xornadas Técnicas:
Venres, 1 de abril, ás 19 horas. Abellas e biodeversidade. Pasado, presente e futuro da apicultura galega. Relator. Rafael Díaz Nieto. Técnico apícola.
Sábado, 2 de abril, ás 11 horas. "Flora de interese apícola". Relatora: Mª Seijo Coello. Dra. En Bioloxía na Facultade de Ciencias de Ourense.
Mércores, 6 de abril, ás 19 horas. "Características dos propóleos das abellas e beneficios na saúde humana". Relatora: Deyanira Valdés Rábago. Dra. en Medicina pola Facultade de Ciencias Médicas da Habana.