Leite

Seguen baixando os prezos dos produtos lácteos nos mercados internacionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/10/2022 11:40 a.m.

Os prezos dos produtos lácteos continuaron baixando a pasada semana nos mercados internacionais, tal e como reflicte o último informe do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea, dependente da Comisión Europea.

En concreto, na manteiga a caída da cotización foi dun 3,5%, e o quilo queda nos 6,92 euros. No caso do leite en pó enteiro e desnatado a baixada foi do 1,9 e 2,6%%, respectivamente, quedando os prezos en 4,76 e 3,58 euros o quilo, respectivamente. O queixo tamén se vé afectado por esta tendencia baixista e cae un 2,8%, de forma que o cheddar queda nos 4,69 euros o quilo nos mercados maioristas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos outros tres principais países exportadores de lácteos (Estados Unidos, Nova Zelandia e Australia) a baixada das cotizacións dos produtos lácteos aínda foi maior en Nova Zelandia na segunda semana de outubro mentres que Estados Unidos mantivo a tendencia alcista, tal e como se reflicte na seguinte gráfica:

En canto ao Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, os datos publicados esta semana tamén son negativos, despois de varios meses á alza o índice xeral a 18 de outubro baixou nun 4,6 %. En concreto, a manteiga caeu 2,6 un %, o queixo chedar un 3,9%, mentres que o leite en po enteiro experimentou unha caída do 4,4% nas súas cotizacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o informe completo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada