Carne

Segue a subida de prezos de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/08/2017 2:25 p.m.

Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebrou este mércores no mercado de Amio, acordou unha nova suba de prezos. O repunte dos valores foi de 5 céntimos por quilo para a categoría de calidade Suprema, mentres que para a Tenreira foi de 2 céntimos quilo. Desta forma quedaron nun intervalo de entre 4,47 e 5,06 euros o quilo, segundo as tipificacións de peso das canais, en Suprema e de entre 4,17 e 4,51 euros en Tenreira.

Na Mesa de Prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade baixar 5 euros os prezos da calidade extra das femias de Rubia Galega e de Cruzada, excepto o das descostradas desta última, que se mantén en 210 euros, como na anterior sesión.

Respecto ao gando mediano para sacrificar e ao vacún maior de abasto, acordouse manter os mesmos prezos que na sesión da pasada semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A asistencia de gando á feira foi de 2.559 reses, 20 menos que a pasada semana. Por categorías, houbo 2.016 cabezas de vacún menor, 265 de vacún mediano e 254 de vacún grande.

Máis información:
– Táboa completa das cotizacións de Amio (9-8-2017).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada