Leite

Segue a recuperación dos prezos dos produtos lácteos na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/06/2023 5:24 p.m.

O prezo do leite en po e da manteiga segue a súa tendencia de recuperación na Unión Europea. O leite spot en Italia tamén continúa revalorizándose e xa se paga a 0.51 euros o litro.

Estas son as tendencias que se observan nas cotizacións desta semana na Unión Europea:

-Manteiga: 474 €/100 kg, +0,6 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 252€/100 kg, +1,4% ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 357 €/100 kg, +2,0% ,,
-Queixo cheddar: 358 € /100 kg -1,2% ,,
-O leite spot en Italia sobe até os 0,510 €/kg
-Os custos de alimentación do gando baixaron un 0,6% nas últimas catro semanas e os de enerxía subiron un 0,2%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-As entregas de leite na UE incrementáronse entre xaneiro e abril nun 0,8% respecto ao mesmo período de 2022.

-Os produtos lácteos que máis incrementaron a súa produción no mesmo período da UE foron a manteiga (+2,6%) o leite enteiro en pó (+2.0%), a nata (+1.6%), o leite condensado (+3.6%) e o queixo (+0.5%), mentres que caeu a produción de leite desnatado en po (-0.7%), leite envasado (-0.5%) e os leites fermentados (-0.7%).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, concluíu a poxa desta semana sen cambios no leite en po enteiro, o desnatado baixou un 2,3%, no queixo cheddar a caída foi do 3,3%, mentres que o prezo da manteiga subiu un 5,5%.

Descarga aquí o último informe do European Milk Market Observatory

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada