Desenvolvemento rural

Segue a escalada do prezo dos cereais e dos fertilizantes no inicio do 2021

02/03/2021 3:06 p.m.

A Comisión Europea acaba de publicar un informe sobre a evolución do prezo das producións agrarias e dos principais insumos agrícolas correspondente a xaneiro deste ano, e no que se mantén a tendencia alcista tanto dos cereais como dos fertilizantes.

En concreto, no caso dos cereais, a soia cotizouse en xaneiro na Unión Europea a 434,6 euros a tonelada, un 5,8% máis que en decembro do pasado ano. Máis acentuada foi a subida do millo, un 11%, e sitúase nos 216,6 euros tonelada. Idénticas subas mensuais para a cebada e o trigo brando, que se cotizaron o pasado mes a 214,8 e 229,8 euros a tonelada, respectivamente.

Subida dos fertilizantes

Os fertilizantes tamén acumulan un importante encarecemento: A urea cotizouse en xaneiro a 265 euros, un 8,2% máis que en decembro, e acumula unha subida interanual do 23%. O fósforo tamén acumula importantes subidas nos mercados internacionais.

Descarga aquí o informe completo

Etiquetado
Ir a la portada