Leite

Segue a caída dos mercados lácteos na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/04/2020 11:53 a.m.

O Milk Market Observatory publicou este xoves os últimos prezos medios dos produtos lácteos no mercado interno da Unión Europea.

As últimas cotizacións, correspondentes á semana do 6 ao 12 de abril, revelan unha caída xeneralizada de prezos debido ás consecuencias da crise do coronavirus: peche dos canais de comercialización da hostalaría, a reducción das exportacións e os movementos especulatarios por parte dos operadores internacionais, á agarda de prezos máis baixos para pechar compras.

En concreto, o prezo medio da manteiga na UE quedou na última cotización en 3 euros o quilo, un 7,7% menos que a semana precedente e cunha caída interanual do 28%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O leite desnatado en pó (SMP polas súas siglas en inglés), o produto lácteo que máis exporta a UE xunto co queixo, tamén experimentou unha imporante caída, do 6,2%, quedando nos 1,97 euros o kilo, no limiar do prezo de intervención, aínda que se mantén un 3% por riba do prezo de hai 12 meses.

O leite enteiro en pó (WMP) tamén experimentou unha baixada de prezos, un 2,8% menos, e queda en 2,68 euros o quilo, un 8% menos que hai un ano.

Pola contra, os queixos son os que de momento están a librarse mellor da crise do coronavirus, con leves caídas de prezos: O Cheddar cotízase a 2,99 euros o quilo nos mercados maioristas, cunha caída semanal do 1,6% e dun 3% interanual; o Edam quedou en 3,18 euros o quilo, un 0,7% menos que a semana anterior pero un 3% máis que hai un ano; o Gouda subiu a súa cotización un 1,3% e págase a 3,27 euros o quilo, un 5% máis a nivel interanual e o Emmental baixou o seu prezo nun 1,3%, ata os 5,07 euros o quilo, unha cotización que é un 8% superior á de hai 12 meses.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, o soro de leite en pó baixou un 1,4% na UE, quedando nos 0,73 euros o quilo, o que supón unha caída interanual do 10%.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada