Leite

Segue a boa evolución dos produtos lácteos nos mercados

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/09/2021 6:43 p.m.

As últimas cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea seguen mostrando unha evolución positiva, con alzas en prácticamente todos eles.

Así, segundo os últimos datos do Observatorio do Mercado Lácteo da UE, referidos á pasada semana, a manteiga subiu na última semana un 1%, quedando o seu prezo nos 4,05 euros por kilo, un 16% máis que hai un ano.

No caso do leite en po desnatado, a suba semanal foi do 1,2%, situándose a cotización media nos 2,60 euros o quilo, un 21% maís que hai un ano. No leite en po enteiro tamén se rexistrou un incremento, do 2%, quedando o quilo nos 3,25 euros, un 19% máis que na mesma semana do ano pasado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos queixos a evolución foi máis irregular: houbo subas no Edam, do 0,2%, e no Gouda, do 0,7%, pero baixadas no Emmental e no Cheddar, do 1,2 e 1,1%, respectivamente. En todo caso, a evolución interanual é positiva: con subas do 8% no caso do Cheddar e do Edam, do 7% no Gouda e do 1% no Emmental.

Por último, o soro de leite en pó -”wheypouder”, en inglés- cotízase a 0,97 euros o quilo, un 0,5% máis que na primeira semana de setembro, pero un 35% máis que en 2020.

Consulta aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da UE

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada