Leite

SAT Loucenzo, unha unión entre veciños para gañar calidade de vida e mellorar a produción

Os socios desta gandería de Lalín (Pontevedra) buscaban ter unhas boas condicións de traballo ó crear a SAT. Con elo conseguiron ademais incrementar a súa produción e progresar na xenética dos seus animais. Coñecemos máis desta granxa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Laura Martínez 28/08/2020 12:40 p.m.

Hai 15 anos que os dous matrimonios que integran a Gandería Loucenzo, situada na parroquia lalinense de Cercio (Pontevedra), decidiron formalizar a SAT. “Dende aquela gañamos en calidade de vida, pero tamén melloramos na xenética dos animais e na produción. Xuntarnos foi un gran acerto”, explica David Gómez Blanco, que xunto coa súa muller Inés Carrón Baldonedo, é un dos socios da gandería de leite en intensivo.

Os outros dous membros da sociedade son o matrimonio formado por Ramón Vilar Asorey e Isabel González Molina. “Cada un dos socios temos o 25% da sociedade, o que nos permite ter un soldo e tamén os días de libranza correspondentes, tanto pola semana como as vacacións”, detalla.

A gandería conta cunhas 245 cabezas de gando frisón e nos últimos anos apostou por mellorar a xenética e benestar dos animais

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Hoxe contan cun rabaño de 245 cabezas de gando frisón. Traballan apostando polo benestar dos animais para conseguir a maior rendibilidade de cada un deles. “Houbo un tempo que se buscaba producir a maior cantidade de leite posible, pero agora procuramos ter mellores animais, que xeren menos gastos e deixen maior rendibilidade na granxa”, concreta o gandeiro.

[caption id="attachment_125523" align="aligncenter" width="660"] Vista da nave na que se atopan os animais en produción.[/caption]

A rendibilidade, máis alá do leite

Mellorar nas condicións de traballo que tiñan nas súas granxas e facer unha aposta conxunta foi o seu principal obxectivo á hora de formalizar a sociedade. “Daquela non tiñas dereito nin a enfermar un día, non podías faltar nunca”, recorda David. “Aínda hoxe, ese segue sendo un dos maiores problemas das granxas familiares e pequenas, ó igual que fixemos nós, creo que hai moitas que o poderían facer para mellorar as súas condicións”, valora.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Fixemos a SAT porque senón non tiñas nin dereito a enfermar un día. Non podías faltar nunca”

Daquela, as súas granxas, situadas a poucos metros na aldea de Loucenzo, que dá nome á gandería, atopábanse con retos e en situacións dispares. A fusión foi tamén positiva para afrontalos. “Nós acababamos de ampliar e reformar a granxa e eles estaban mirando de mellorar o rabaño, fixémolo nun momento de cambio para as dúas ganderías”, comenta David. A unión fixo que melloraran na produción e na xenética dos seus animais.

[caption id="attachment_125559" align="aligncenter" width="660"]  David encárgase de realizar os acoplamentos e a inseminación na granxa. Os taboleiros informativos sobre os celos dos animais facilitan o traballo e a coordinación entre os gandeiros.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Fomos apostando por ter bos animais, facendo nós os acoplamentos e contando con sementais canadenses e dos touros de Fontao”, explica o gandeiro. A vida produtiva media das vacas na granxa é de 3 partos. Levan anos apostando por aproveitar tamén aqueles animais cuxas condicións non se axustan para a produción de leite, optando por engordalos antes de vendelos.

“Incrementar a produción de leite é rápido, é o que máis axiña se consigue, pero non é a maneira de facer rendible a gandería”

Durante anos, traballaban procurando incrementar a produción láctea, pero nos últimos tempos decidiron buscar a rendibilidade da gandería centrándose na calidade e benestar dos seus animais. “Ter as vacas en boas condicións e que conten cunha boa xenética é a maneira de conseguir unha maior rendibilidade na granxa. Incrementar a produción de leite é rápido, é o que máis axiña se consigue, pero non é a maneira de facer rendible a gandería”, comenta o gandeiro.

[caption id="attachment_125529" align="aligncenter" width="660"] Acadan unha produción anual de 1.430.000 litros cunhas 130 vacas en muxido.[/caption]

Na actualidade, moxen unhas 120 vacas, ás que se suman unhas 20 vacas secas e o resto de recría. Teñen unha media de 36 litros por vaca e a última analítica do mes de xullo amosa unhas calidades de 3,81% en graxa e 3,27% en proteína, cun reconto de células somáticas de 166.000 células.

Nas instalacións máis novas teñen as vacas en produción, mentres que nas naves máis antigas, situadas a escasos metros, reparten o resto do gando. “Sempre tivemos moita recría. Para nós, é fundamental contar con animais que poidamos incorporar á produción en canto detectamos que algunha das vacas comeza a ter problemas. Non é rendible aguantar animais se están dando perdas, preferimos investir en xenética para contar con vacas con boa calidades”, concreta o produtor.

[caption id="attachment_125550" align="aligncenter" width="660"] Parte da recría dispón de patios exteriores ós que acceder.[/caption]

O reparto das tarefas

Na gandería teñen un reparto de tarefas estable e tamén conseguiron complementarse ben nesta distribución dos labores. A supervisión e control do gando é unha das encomendas de David, mentres que os traballos de campo son responsabilidade de Ramón, agás nas campañas, cando tamén colabora David. “A el gústalle máis traballar coa maquinaria e encargarse de preparar as fincas. Eu prefiro estar na granxa cos animais. Cadramos ben tamén no reparto das tarefas”, indica.

O muxido, que realizan dúas veces ó día, é un traballo que asumen as dúas socias a maior parte das xornadas de forma conxunta. Cada matrimonio libra de venres a domingo cada 15 días. “No fin de semana encargámonos só de atender os animais e muxilos, trátase de facer o imprescindible, posto que só estamos 2”, explica.

[caption id="attachment_125526" align="aligncenter" width="660"] Inés e Isabel acostuman encargarse a diario do muxido do rabaño.[/caption]

As vacas en produción e as secas téñenas en camas de cascarilla de arroz. “É unha alternativa que sae cara, pero as vacas descansan moi ben nela e a nós é a que mellor resultado nos dá”, recoñece. Probaron outro tipo de cama coma o de bicarbonato, pero desbotárono ó ter os pozos do xurro colocados xusto debaixo da granxa e resultarlles case imposible acceder con maquinaria para retirar o que se vaia acumulando no fondo. Por este mesmo motivo tampouco empregan a area. Tiveron tamén camas con serraduras de madeira, pero detectaron un incremento das infeccións mamarias, polo que decidiron deixar de utilizalas.

Renovan e limpan as camas dúas veces ós día e énchenas unha vez á semana. O gasto na cáscara de arroz, que mercan na cooperativa Cobideza, situada na mesma parroquia, e da que son socios, adoita supoñer uns 800 euros ó mes. A recría téñena en colchonetas de goma e contan cunha zona de patios ós que poden saír as xovencas directamente.

[caption id="attachment_125520" align="aligncenter" width="660"] As vacas en produción téñenas en camas de cascarilla de arroz pola comodidade e limpeza dos animais, así como para evitar atascos no pozo do xurro.[/caption]

Para a alimentación do gando teñen contratado á cooperativa o servizo do carro mesturador. A ración das vacas de leite baséase no millo, posto que apórtanlle 38 quilos dese silo, ós que engaden 13 quilos de silo de herba, 11,5 quilos de penso e 1 quilo de palla. “Nós baseamos a alimentación no millo, por iso tamén dedicamos moito esforzo en producir un silo de millo de boa calidade e abundante”, explica David.

No caso das vacas secas, a ración é de 9 quilos de silo de herba, 2,5 quilos de palla e outros 2,5 de concentrado. Esta mestura é tamén a que reciben as xovencas preñadas. O silo de herba para este gando realízano tamén aparte e optan por facer bolos de silo. “O silo para as vacas secas queremos que vaia moito máis seco, por iso preferimos facer bolos a parte”, concreta o gandeiro. A recría máis nova, ata os 6 meses, aliméntana a base de concentrado e palla.

[box style="0"]

O millo, o seu prato forte

A gandería manexa unha superficie de 55 hectáreas de terreo, boa parte delas nas proximidades da granxa, e delas unhas 16 son alugadas. A maioría das parcelas, unhas 32 hectáreas adícanas a millo. Sempre optan por ciclos longos de millo e por facer a sementeira cedo. O primeiro millo bótano a comezos de maio e como tamén escalonan o ensilado, realizan unha segunda quenda a finais dese mesmo mes. “Se cedo tes problemas, nesta zona se o botas tarde sabes que o millo non che vai valer nada”, explica.

Na campaña pasada obtiveron unha produción de 50 toneladas por hectárea

Este ano temeron que a seca reducise moito a produción. “Esta auga veulle moi ben. Houbo momentos nos que mesmo tememos que esta campaña tivésemos que mercar millo”, recoñece. Algunhas das parcelas máis próximas á gandería tamén contan cun sistema de rega. As tarefas máis importantes, como a sementeira ou o ensilado, realízallas a cooperativa. “Non nos é rendible ter unha gran inversión en maquinaria que só usas dúas veces ó ano”, valora o gandeiro.

[caption id="attachment_125544" align="aligncenter" width="660"] Esta campaña mesmo rexistraron danos polo xabaril en parcelas próximas á granxa.[/caption]

Habitualmente enchen dous silos de 8 metros por 45 de longo de millo e dispoñen doutro, dun tamaño similar para a herba. O ano pasado lograron unha produción de 50 toneladas por hectárea. Teñen tamén outro pequeno silo de millo que empregan para alimentar o gando namentres agardan polo silo novo. “A forraxe é sempre dese mesmo ano, preferimos que non nos quede dunha tempada para outra”, comenta. Por iso, dependendo das previsións de millo tamén van variando a cantidade de herba que ensilan. “Nos últimos anos, a superficie que dedicamos a millo sempre vai a máis, mentres que de herba imos reducindo”, apunta.

Na zona tamén acusan importantes danos do xabaril. Esta tempada están tendo danos mesmo nas parcelas máis próximas ás granxas e a carón da aldea. Porén, os danos máis importantes estanos tendo nunha finca dunhas 10 hectáreas. “Buscan a maneira de entrar e saír aínda que teñas cerrado con fíos do pastor”, lamenta.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada