Axenda

Sarria acolle este sábado a poxa de Africor Lugo

04/05/2016 8:18 a.m.

Este sabado 7 de maio terá lugar no Mercado Gandeiro de Sarria unha nova poxa de gando frisón organizada por Africor Lugo.

Nela poxaranse 26 animais (5 xovencas e 21 vacas de 1.º parto). Esta compra-venda de vacas organizada por Africor Lugo enmárcase na aposta que a entidade vén facendo desde hai anos por fomentar o mercado interno de xovencas de Frisoa e reducir as compras fóra de Galicia, pois hai ganderías ás que lles sobra recría e outras que se ven obrigadas a comprar animais para manter os censos actuais.

Descarga aquí a lista de animais ofertados

Ir a la portada