Axenda

Santiago acollerá en outubro unha conferencia europea sobre praguicidas

27/03/2016 8:01 p.m.

Santiago de Compostela acollerá entre o 4 e o 7 de outubro aos máximos expertos europeos en praguicidas de uso agrícola. Será na IX Conferencia Europea sobre Praguicidas e no XV Simposio sobre novos Praguicidas, nos que se abordarán aspectos como o impacto ambiental dos mesmos ou a súa composición química.

A conferencia está organizada polo INGACAL-CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo), a Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Química Analítica, Nutrición e Ciencia dos Alimentos; a ENEAP (Asociación Euromediterránea para a Avaliación da Educación e Protección Ambiental) e a IAEAC ( Asociación Internacional de Medio Ambiente Química Analítica).

Máis información nesta ligazón: http://pesticides2016.es

Etiquetado
Ir a la portada