Axenda

Santa Comba inicia este luns a súa “Semana do Leite” cun amplo programa de actividades

24/02/2018 11:02 a.m.

O concello de Santa Comba inicia este luns un amplo programa de actividades da “Semana do leite” que se prolongará ata o domingo 4 de marzo. Os actos están organizados polo Concello de Santa Comba e Africor Coruña, e contan coa colaboración da Consellería de Medio Rural e da Deputación da Coruña.

Entre as actividades programadas están visitas escolares a ganderías de vacún de leite, xornadas informativas sobre xuventude e medio rural, un concurso de fotografía ou charlas técnicas. A semana culminará o vindeiro domingo coa poxa de xovencas de raza frisona, procedentes de ganderías punteiras da provincia da Coruña, como Sat A Campa, San Rian SCG ou Gandería Pistulario. Rematará a xornada cunha degustación de asado de tenreiro frisón.

Velaquí o programa:

Descarga aquí o programa completo.

Ir a la portada