Leite

Río asume as granxas que deixou Queserías Prado en Sarria

A industria de Lence colle oito das granxas de Cogapen que deixa a partir de hoxe Queserías Prado. Outra das ganderías afectadas pasa a Reny Picot, ó non entrar o trailer de Río

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/04/2016 2:39 a.m.

As nove explotacións de Sarria que quedaban sen recollida do leite desde hoxe van ser asumidas por Leche Río, salvo nun caso, no que non da entrado o trailer da industria lucense e que collerá Reny Picot.

Os afectados, que recibiran a comunicación do abandono de Queserías Prado hai unha semana, só atoparan nos primeiros días ofertas para entregar o leite a prezos de po, no entorno dos 18 céntimos, pero finalmente Río asumiu toda a produción das oito granxas a prezos de mercado.

Leche Río deixou a finais de marzo 64 pequenas explotacións, segundo declarou o propio Jesús Lence nos medios, pero a cambio a industria lucense está collendo a explotacións de maior tamaño e con bos accesos. As granxas que asume Río en Sarria suman preto de 200.000 litros mensuais de produción.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Quema de cisternas y camiones
Unha cisterna de Reny Picot apareceu queimada onte na Pastoriza (Lugo), un acto que se enmarca dentro das accións de boicot que parte dos gandeiros están facendo pola súa conta. Semanas atrás, nunha acción similar, xa aparecera queimada unha cisterna de Río en Frades.

Esta mañá informa o xornal 'El Progreso' de que apareceron tamén tres camións cisterna incendiados nunha explanada anexa á planta de Logística Alimentaria en Outeiro de Rei. Os camións pertencen á empresa Ríos Sangiao, domiciliada en SigÜeiro (Oroso).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada