Viña

Rías Baixas pecha a vendima con máis de 40 millóns de quilos, a terceira máis abundante da súa historia

Destaca a gran calidade da uva e o seu excelente estado sanitario. A colleita prolongouse 51 días e participaron máis de 4.600 viticultores

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2022 1:25 p.m.

Vendima cuantiosa e de gran calidade na Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas con 40.904.676 quilos recollidoos, un 6,62% menos que a campaña anterior, considerada a máis abundante da súa historia. Aínda así, as cifras converten á vendima de 2022 na terceira de maior cantidade ata a data nesta Denominación de Orixe. Unha campaña que se prolongou durante 51 días e na que participaron 167 adegas e 4.690 viticultores.

A vendima na DO Rías Baixas comezou o pasado 25 de agosto coa uva destinada á elaboración de espumosos e finalizou o 14 de outubro. “No período comprendido entre o 7 e o 21 de setembro, de 15 días, recolleuse o 80% da colleita, resaltando o 10 de setembro cunha cifra récord de 5 millóns de quilos”, explica o informe do Departamento Técnico. Dito informe tamén dá conta de que se tratou "dunha vendima tranquila cunha entrada da uva en adega cunha elevada calidade, perfecto estado de madurez e unha boa gradación alcohólica”.

O rendemento medio por hectárea nesta campaña foi de 9.466 q/ha, moi parecido á colleita de 2018. Trátase dun valor superior á media dos últimos 10 anos, que foi de 8.600 quilos por hectárea. As expectativas para os viños da anada 2022 son moi boas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As cifras por variedades

A vendima comezou coa recollida das variedades destinadas á elaboración dos viños espumosos de calidade, logo seguíronlle as uvas brancas, especialmente a Albariño, cuxo ciclo vexetativo é máis curto e a súa maduración máis temperá. Finalmente deuse paso ás tintas e vendimas tardías.

Na DO Rías Baixas, as variedades brancas representan o 99,10% da uva recollida, abandeiradas pola Albariño que chegou aos 39.322.747 quilos, seguida pola Caiño Blanco, a Loureira e a Treixadura. As variedades tintas representan o 0,90% do total, coa variedade Sousón como principal, seguida pola Mencía e, moi próxima, a Caiño Tinto.

En canto á produción por subzonas, o Val do Salnés continúa sendo a de maior produción cun 63,5% do total, seguida polo Condado do Tea cun 21,3% e O Rosal co 10,3%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na presente campaña de vendima participaron 167 adegas elaboradoras. Un total de 4.690 viticultores recolleron uva nas 4.321,40 hectáreas de superficie produtiva rexistradas na Denominación de Orixe Rías Baixas, o que supuxo un aumento de 137,22 hectáreas, un 3,27%, con respecto á vendima de 2021.

 

[caption id="attachment_184687" align="aligncenter" width="852"] Produción por variedades e subzonas da DO Rías Baixas. // Fonte. Consello Regulador.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada