Viña

Rías Baixas marca un novo récord de contraetiquetas en 2016: 30,3 millóns

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/02/2017 12:31 p.m.

A Denominación de Orixe Rías Baixas mantén unha evolución ascendente nos mercados nacional e internacional. Unha tendencia que se corrobora polo número de contraetiquetas expedidas ás adegas inscritas ao lardo do exercicio 2016, que ascenden a un total de 30.326.376 tirillas. Esta cifra supón un incremento do 11,8% con respecto a 2015, ano no que se libraron 27.125.556 de precintas.

Para o Consello Regulador, ?este novo récord mostra a boa traxectoria que os viños de Rías Baixas están a ter entre os consumidores de dentro e fóra do noso país?. Lembrar que a pasada campaña as adegas de Rías Baixas exportaron 3.200.820 botellas máis que na 2014/2015.

En canto aos litros de viño verificados (viños que pasaron as análises fisicoquímicos e organolépticos e foron considerados aptos para embotellarse baixo o amparo da Denominación de Orixe Rías Baixas), o seu volume alcanza os 22.744.782 litros. É dicir, que no último ano, o panel de cata do Consello Regulador, analizou e verificou a aptitude de 2.400.615 litros de viño máis que en 2015.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada