Leite

Rexeitan o novo modelo de contrato de Lactalis que baixa o prezo a 26 céntimos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/07/2016 8:38 p.m.

A organización de produtores lácteos Unión Leiteira Galega (Ulega), promovida por Unións Agrarias, rexeita de plano o modelo de contrato proposto pola firma Lactalis, a maior industria láctea de Galicia, xa que “o sistema de indexación que aplica, permítelle ser xuíz e parte e polo tanto promover baixadas unilaterais no prezo do leite en orixe”.

Nos encontros que se están a manter coas empresas transformadoras os produtores agrupados en Ulega esixen que os sistema de ponderación das cotizacións lácteas non dependan so da serie histórica baseados nos pagos das industrias e teñan en conta outros elementos como os custes de produción.

A Unión Leiteira Galega denuncia que debido ás prácticas de Lactalis as máis de 1.000 explotacións de Galicia nas que rexe o seu contrato, viron perder un céntimo na última revisión pasando dunha media de 27 cts a 26 cts. “Esta situación resulta completamente ilegal e inxusta polo que desde a organización de produtores estase valorando iniciar accións de denuncia sobre a empresa”, aseguran dende a organización de produtores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tanto Ulega como os sindicatos Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego veñen facendo unha labor de marcaxe do cumprimento do Acordo Lácteo apoiándose nas ferramentas que proporciona o AICA e que desembocou hai unhas semanas na auditoría que o organismo de control está a trasladar ás granxas para coñecer o trato recibido polos produtores no momento de asinar contratos coas industrias.

ULEGA pide ás administracións maior vontade de control e coordinación para “impedir que os gandeiros teñan que ser os paganos que arranxen as contas de resultados das industrias a costa da ruína das súas explotacións”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada