Forestal

Rexeitada a concesión dun viveiro para eucalipto nitens na ría de Navia

Campo Galego 13/10/2015 10:50 p.m.

A sala do Contencioso administrativo da Audiencia Nacional confirmou a resolución dictada no 2013 polo Ministerio de Agricultura para denegar a concesión a un viveiro de eucaliptos na ría de Navia, en Asturias. O viveiro, que ocuparía 10.000 metros cadrados de dominio público terrestre, pretendía producir eucalipto das variedades globulus e nitens, así como piñeiro radiata e frondosas caducifolias.

A resolución da Audiencia reafirma a argumentación empregada polo Comité Científico de Flora y Fauna Silvestres (Ministerio de Agricultura), que consideraba que non se debía autorizar o viveiro pola capacidade invasiva do eucalipto nitens. Esa consideración de capacidade invasiva baseábase en parámetros como que o eucalipto nitens pode colonizar a través das sementes áreas distantes a 100 metros nun periodo de 50 anos.

O eucalipto nitens, apto para o seu cultivo en altitude, ó contrario do globulus, é habitual en zonas do interior de Galicia e tamén está presente en Asturias, se ben de xeito máis restrinxido.

Etiquetado
Ir a la portada