Desenvolvemento rural

Reunión en Santiago do proxecto europeo Click on T para difundir boas prácticas agrogandeiras contra o cambio climático

08/09/2021 8:02 p.m.

Esta mañá celebrouse en Santiago de Compostela un taller de traballo do proxecto europeo Clickont.nkey.it co que se persegue recoller e difundir boas prácticas agrícolas e gandeiras que fomenten a biodiversidade e axuden a combater o cambio climático.

Na xornada participaron uns 25 representantes deste proxecto Erasmus de transferencia de coñecementos e innovación e cuxo traballo se prolongará até o ano 2022. Por parte de España no proxecto participa o centro de promoción rural EFA Fonteboa, e os outros países que forman parte son Romanía, Polonia, Italia e Lituania.

A reunión de traballo de Click on T celebrada hoxe na EGAP serviu para intercambiar información sobre as actividades que se están realizando nos distintos países participantes.

Mañá xoves continuará a xornada de traballo con visitas a granxas de vacún de leite da provincia da Coruña que participan nalgunha iniciativa do sector para loitar contra os efectos do cambio climático: Casa Grande de Xanceda, en Mesía; Casa de Pedro, en Ordes, que participa no proxecto de Nestlé e SEO/Birdlife para mellorar a biodiversidade nas gandarías de vacún de leite; e unha gandaría socia de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) que produce leite "Únicla" con cero emisións de CO2.

Etiquetado
Ir a la portada