Desenvolvemento rural

Reunión de traballo da Fruga na Consellería do Medio Rural

Campo Galego 14/09/2016 9:17 a.m.

A Federación Rural Galega (Fruga) ten previsto manter na mañá de hoxe unha reunión coa Consellería do Medio Rural. O encontro foi solicitado o pasado mes de xullo pola organización agraria para abordar principalmente a situación do sector lácteo. A Fruga subliña que xa pasou máis dun ano desde o inicio das mobilizacións gandeiras sen que desde as Administracións se teñan tomado medidas efectivas para reverter a crise.

Xunto coa crise do leite, a Federación plantearalle tamén á Consellería outros temas que afectan ós diversos sectores produtivos do agro galego. A organización destaca os seguintes:

- Perspectivas ante a próxima vendima e situación dos contratos homologados de compra venda de uva.
- Problemas causados pola fauna salvaxe.
- Lumes no mundo rural.
- Anticipo do pagamento da PAC 2016.
- Problemas nas campañas de saneamento gandeiro.
- Representatividade das organizacións agrarias.

Etiquetado
Ir a la portada