Leite

Reunión das cooperativas de Lalín para valorar procesos de integración

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/10/2016 11:14 a.m.

O Concello de Lalín mantivo un encontro coas cooperativas do municipio para valorar o interese que poden ter na comarca os procesos de integración cooperativa que se están a desenvolver a nivel galego.

Asistiron ó encontro as seis cooperativas da localidade (Cobideza, Campodeza, Aprodeza, Gandeiros de Botos, Val do Deza e a cooperativa de Castro) e tamén O Rodo (Rodeiro), unha das cooperativas referentes no Deza e en Xuncoga. Por parte municipal, participaron o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, así como os concelleiros Nicolás González, Xosé Manuel Hermida, Miguel Medela, Francisco Vilariño e Lara Rodríguez.

O Concello, que xa mantivera contactos previos coas coopertivas, quixo coñecer onte de primeira man o punto de vista dos cooperativistas lalinenses con respecto ós procesos de integración que hai a nivel galego, de cara a valorar o seu interese na comarca. Houbo coincidencia no valor de procesos que permitan un maior apoio para os produtores, cun aumento da eficiencia na xestión de recursos e na capacidade de negociación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cooperativas e goberno local continuarán coas reunións para seguir traballando na cuestión. O alcalde, pola súa banda, solicitará tamén reunións coa Consellería do Medio Rural e coa Deputación de Pontevedra para trasladar o falado coas cooperativas e abordar posibilidades de futuro.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada