Carne

Resultados da poxa de xovencas de Rubia Galega en Becerreá

Adxudicáronse as seis xovencas de ACRUGA por un prezo medio de 2.458 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/03/2024 6:15 p.m.

A primeira das poxas de Acruga neste 2024 celebrada esta mañá na vila luguesa de Becerreá, concluíu  coa adxudicación das seis xovencas presentadas e cun prezo medio de 2.458 euros, algo inferior respecto dos 2.600 da pasada edición.

Rexistrouse boa asistencia de público e posibles compradores, con até 28 cartóns de criadores, principalmente da provincia de Lugo, que retiraron a súa credencial para poder poxar por algún destes animais.

As xovencas foron adquiridas por gandeiros con explotacións en Láncara, Seoane do Caurel, O Incio e O Corgo. Precisamente, a gandaría Santalla, do citado municipio foi a que adquiriu o exemplar con maior cotización da poxa, unha novela preñada de excelente xenética, que alcanzou os 2.900 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O seguinte prezo máis alto da xornada foi para o segundo exemplar dos poxados, unha xovenca parida cun xato de dous meses, lote que foi adxudicado a un gandeiro do Incio por 2.750 euros.

A seguinte poxa de Acruga neste mes de marzo será na provincia da Coruña, no municipio de Boimorto, o próximo día 24. Uns días despois, o 5 de abril, terá lugar outra das grandes citas do calendario feiral de Acruga, esta vez en Pedrafita do Cebreiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada