Carne

Resultados da poxa de Adai de gando de raza Rubia Galega

Acruga adxudicou 16 dos 17 animais presentados As xovencas rexistraron un prezo medio de 2.075 euros, mentres que o dos machos alcanzou os 2.250 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/11/2015 12:46 p.m.

Este sábado celebrouse en Adai unha nova poxa de gando de raza Rubia Galega adxudicándose 16 dos 17 animais presentados, entre eles 13 xovencas e tres machos. O prezo medio das xovencas alcanzou os 2.075 euros mentres que o dos machos chegou ata os 2.250 euros, unhas transaccións que supoñen un prezo medio total para a poxa de 2.100 euros.

A poxa, organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) congregou a numeroso público e a máis de 40 compradores procedentes das catro provincias galegas. Así, participaron na poxa gandeiros de Lalín e Agolada (Pontevedra); Viana do Bolo (Ourense) e Tordoia (A Coruña) que se fixeron con algún dos exemplares presentados.

As primeiras reses poxadas foron as sete xovencas preñadas procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, todas elas adxudicadas a prezos moi por encima dos 1.800 de saída. Catro destas xovencas foron compradas por Juan Carlos Rois Novo, un gandeiro de Outeiro de Rei que leva un ano incorporando vacas de Rubia Galega á súa explotación de frisoa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A maior cotización foi para unha xovencas procedente dunha explotación de Antas de Ulla que se poxou ao prezo de 2.500 euros, aínda que o seu prezo de saída fixouse en 2.100.

Como xa é habitual, os compradores obtiveron unha axuda de Caixa Rural para a compra destes exemplares, que ascendeu a 300 euros para a adquisición de machos e de 200 para as femias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada