Viña

Premiados na cata da 52ª Feira do Viño do Ribeiro

Preto de 200 persoas participaron no concurso no que o público final cata e premia os vinos das adegas e colleiteiros presentes no recinto feiral da Alameda de Ribadavia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/05/2015 10:52 p.m.

Na categoría de Viños Brancos de Adegas resultou galardoado como mellor viño Ramón do Casar Treixadura 2.014, de Ramón do Casar, S.L. Pola súa parte, na categoría Viños Brancos de Colleiteiros, levou o primeiro premio Alter 2.014 de Viña da Cal, S.L. e o viño Antonio Montero Autor 2.014 de Antonio Montero Sobrino recibiu o segundo premio.

Na categoría de Viños Tintos o primeiro premio recaeu en Viña do Campo Mencía 2.013 de Bodegas Docampo, S.A. e o segundo premio foi para Tear dos Dodi 2.014 de Amalia Diéguez Martínez.

Premio ao Mellor Catador

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por outra banda, recoñeceuse como Mellor Catador de Viños Tintos a José González Méndez de Ourense, e na categoría de Mellor Catador de Viños Brancos produciuse un empate técnico, polo que premiamos a dúas persoas, a Montse Valije Martínez, veciña de Salvaterra de Miño e a Noel Alvarado Hemilla, de Ourense. Estes premios outórganse ás persoas que máis se acheguen aos resultados finais dos viños premiados.

Na súa intervención, Miguel Ángel Viso quixo resaltar o gran potencial dos viños da colleita 2.014 indicando que “o traballo que se está a desenvolver na nosa Denominación de Orixe está a obter os seus froitos”, polo que quixo ademais felicitar “ás adegas e colleiteiros do Ribeiro” e convidalos a que continúen nesa liña de traballo, primando a calidade nos seus viños.

Cata Popular

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta actividade, organizada polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, está dirixida ao público, que é o que cata e premia os mellores viños da feira. As marcas presentadas (19 viños brancos e 13 tintos) son valoradas en cata a cegas, é dicir, sen coñecer a marca do viño que se está a probar.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada