Leite

Respaldo institucional a Clesa, unha das referencias de éxito do cooperativismo lácteo galego

O presidente da Xunta visita a factoría de Caldas trala saída do IGAPE do accionariado da empresa, unha vez culminado o seu relanzamento pola Agrupación de Cooperativas Lácteas (Acolact), co liderado de Clun

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/07/2021 3:26 p.m.

A factoría de Clesa en Caldas, mercada no 2012 por unha decena de cooperativas galegas, vén de pechar unha etapa coa recente saída do seu accionariado do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), que respaldara a compra da planta. As cooperativas xa saldaron o crédito pedido no seu día para facerse coa fábrica e Clesa mantén un crecemento continuo que o sitúa como unha das principais referencias de éxito do sector lácteo galego.

Desde o 2012, cando as cooperativas se fixeran coa planta de Caldas, que estaba baixo mínimos de actividade e que precisaba unha modernización, Clesa multiplicou por 17 o seu volume de vendas e triplicou o número de empregados. Hoxe en día, é a primeira empresa española de iogures, cun capital 100% das cooperativas galegas.

Clun lidera o accionariado de Clesa, con máis do 75% do total, e outras sete cooperativas galegas teñen participación na empresa (Aira, Cobideza, O Rodo, Cooperativa Agraria Provincial, Cusoviame, Central de Frades e Lemos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá a planta de Clesa en Caldas, como xeito de pechar o primeiro ciclo da factoría baixo a xestión de Acolact, logo de que o IGAPE deixase en decembro o accionariado da sociedade.

[caption id="attachment_148761" align="alignright" width="320"] Percorrido polo interior da planta.[/caption]

Durante a visita, o presidente de Clun, José Ángel Blanco, destacou os logros de Clesa, que no último ano comercializou 34.000 toneladas de produto final. "Con Clesa, acreditamos que a Xunta pode apostar por este sector e que o sector responde", afirmou José Ángel Blanco, indicando tamén que serviu para "derrubar prexuízos" sobre a "xestión cooperativa" e mostrar que "pódese xerar valor no sector lácteo galego sen que o proceso salga en ningún momento de Galicia". Finalmente, tamén engadiu que "con Clesa, probablemente xurdiu Clun, que é o froito da unión de cooperativas galegas que deixaron atrás as súas divisións históricas", sendo hoxe de igual forma un "proxecto consolidado comprometido co desenvolvemento do sector, co rural galego e con Galicia".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Feijóo aproveitou a súa visita para destacar dúas das liñas de traballo que considera prioritarias na Consellería do Medio Rural: a Estratexia galega do sector lácteo e a Lei de Recuperación da Terra Agraria. O presidente subliñou a aspiración da Xunta de recuperar 21.000 hectáreas de terra agraria con fondos Next Generation e lembrou os obxectivos que se marca na Estratexia do Lácteo, que pasan, entre outras cuestións, por transformar en Galicia polo menos un 75% do leite producido na comunidade.

Prezos do leite e custos de produción
Sobre a actual coxuntura de prezos no sector lácteo, marcada por unha suba dos custos de produción, Feijóo apelou a un esforzo por parte de tódolos elos da cadea de valor para lograr “uns prezos xustos do leite”. No que atinxe á suba do prezo da electricidade, o presidente incidiu en que consideraba precisa unha maior regulación e unha baixada de prezo inmediata.

[caption id="attachment_148758" align="aligncenter" width="660"] Un momento da visita.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada