Agricultura

A Xunta publica unha resolución para facilitar a compra de produtos fitosanitarios

Medio Rural autoriza a mercar e usar ditos produtos coa xustificación de estar en posesión da formación pertinente presentando o certificado de ter realizado o curso e a solicitude de expedición do novo carné. No caso da renovación do carné de nivel básico, este será renovado de forma automática coa presentación previa de dita solicitude e o carné antigo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/05/2016 6:27 p.m.

A Consellería do Medio Rural emitiu este venres unha Resolución pola que se ditan instrucións relativas ao procedemento para a expedición e renovación do carné básico de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios.

Nela, indícase que, en tanto non se expide o correspondente carné, e para os efectos da compra e uso de produtos fitosanitarios aos que habilita dito documento, poderase comprar e usar ditos produtos mediante a xustificación de que se está en posesión da formación pertinente coa presentación do certificado emitido pola entidade de formación autorizada -ben sexa da Xunta ou das entidades colaboradoras- e co xustificante da presentación da solicitude de emisión do carné ante as autoridades competentes.

A renovación do carné básico farase de forma automática

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por outra banda, para o caso de renovación de carnés de nivel básico, dita renovación farase de forma automática coa presentación previa de dita solicitude e presentando o carné antigo. Neste senso, cabe lembrar que as renovacións de carnés son cada 10 anos.

Esta resolución pode ser consultada na  seguinte ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada