Apicultura

Resoltas as axudas por danos do oso na montaña lucense

Medio Ambiente concede apoios de máis de 15.000 euros a sete produtores afectados polos danos do animal

Campo Galego 11/12/2023 7:04 p.m.

A progresiva expansión do oso polas montañas orientais de Lugo está a deixar periódicos danos no agro, principalmente pola incursión do oso nos colmeares. Esta situación está a obrigar ós apicultores a establecer medidas de prevención, como o emprego de peches eléctricos ou a recuperación de alvarizas tradicionais para protexer as colmeas.

Este ano, Medio Ambiente concedeu apoios a sete produtores afectados, cun total de 12 expedientes de axuda aprobados. O de maior contía corresponde a Mel O de Sempre, cun importe superior a 5.000 euros para compensar as perdas sufridas.

Esta é a relación de beneficiarios:

Etiquetado
Ir a la portada